|
||||||||||||
|
|
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA INICIAL 1º E.S.O. Curso 2.001/2.002 Conclusións da enquisa: -Dos 38 rapaces/as de 11 ESO, teñen como lingua materna o galego, 25 e o galego e castelán, 8. -A lingua empregada a maior parte do día é o galego, tanto na familia como no instituto. -A predisposición para recibir todas as clases en galego é moi alta, a 30 alumnos non lles importaría que todas as clases fosen en galego. -Sen embargo á pregunta en qué escribirías os libros de texto, 14 contestan que en castelán. -Á pregunta de en cál das dúas linguas escribes máis correctamente, 23 responden que en castelán. Segue, polo tanto, o paradoxo de ter dificultades para expresarse correctamente na súa propia lingua. -Se se lles pregunta en qué lle falarían a un médico, a un avogado ou a un descoñecido, contestan respectivamente, 14, 21 e 18 en castelán. A un camareiro só 11 lle falarían nesta lingua. O galego, xa que logo, segue a ser aínda para moitos unha lingua familiar, local, coloquial e informal, das clases sociais máis baixas. O castelán é a lingua formal e de prestixio; só así se explica o feito de que rapaces que case teñen como única lingua o galego sigan pensando que a un avogado se lle deba falar en castelán -21-. -Aínda hai 11 rapaces/as
que pensan que o castelán serve máis có galego. É
dicir están a negar a validez da súa lingua para certas
situacións.
|
|||||||||||