MALAS NOVAS

Vázquez seguirá utilizando "La Coruña"pese ó aviso do Tribunal Superior.

O alcalde da Coru½a, Francisco Vázquez segue na súa cruzada en contra de calquera cousa que lle ula a galego e asegurou o día 4 de outubro que seguirá mantendo a súa "política de bilingüismo" e de defensa da forma castelá do topónimo da cidade. O rexedor dixo que o Concello cumpre a normativa, polo que anunciou que non realizará ningún cambio na súa xestión, pese a ter recibido unha providencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se lle advirte de que será multado con 300,5 euros se non acata a sentencia do TSXG e o Supremo, que instan ó Concello a utilizar o topónimo en galego e a utilizar ese idioma en toda a documentación oficial.
Páxina Seguinte
Páxina anterior