Páxina anterior
 
VIAXE DOS ALEMÁNS A BECERREÁ
FRASES CÉLEBRES (por alumnos/as de 4º ESO)

• Unha boa sensación foi comunicarnos cos alemáns.
• Rimos moito co profesor alemán que ti½a unha cinta na cabeza que parecía Astérix.
• Por máis que se lle pedín para bailar a Falko (un rapaz alemán) non quixo e mostrounos todo o tempo a foto da súa moza alemana.
• Houbo algunha que outra bágoa na despedida dos nosos amigos, e sobre todo dalgunha alemana que marchou namorada.
• Algunhas alumnas do IES Becerreá usaron piercing de quitar e poñer para facerlles a competencia ós alemáns.
• Ó xantar, unha alemana chamoulle "pig" (cocho) a un alumno que...
• Os alemáns fan fotos do castelo de Vilafranca no que vivía... un alemán.
• O conductor do bus dos alemáns, mentres esperaba na gasolineira para pagar, ollou con detemento certas revistas non recomendadas a menores de 18.
• Os alemáns "fliparon" como bailabamos nós a "Maionesa".
• Unha da ideas que levaron máis clara foi a de como pelar e comer unha castaña xa que había algún que outro que non debía saber que os ourizos ¡¡¡non se comen!!!
• De todos os xeitos fixemos bos amigos e houbo unha "química" especial entre alemáns/anas e galeg@s (nalgún caso quedou suficientemente claro).
• Sentímonos mal porque esperabamos que os rapaces fosen máis guapos.
• Sentímonos ben porque polo menos os rapaces falaron connosco e a verdade parecían bastante tratables.
• Desilusionados porque esperabamos algo mellor (fisicamente).
• Un querido profesor do que non queremos dicir o nome (Juan) tivo algún problemiña para entrar nas covas. Xa dentro, non se quería quedar só pero... ¡axudámoslle a superar a súa claustrofobia!
• Eu púxenme no medio das pequenas e díxenlles, "estades todas moi boas" e elas non me entenderon. Foi unha pena.
Titulares de prensa
A viaxe dos rapaces alemáns a Becerreá tivo unha grande acollida nos medios de comunicación: radio, televisión e xornais. Concretamente "El Progreso" e "La Voz de Galicia" dedicáronlle ó acontecemento algúns titulares, como...

Participan intercambio nun escolar
Vinteseis xoves alemáns chegan ó IES de Becerreá

Comparten un programa da UE adicado ó estudio do problema da eliminación de residuos
Estudiantes alemáns intercambian experiencias cos de Becerreá

O instituto de Pegau propón traballar conxuntamente na resolución de conflictos no ámbito escolar
Docentes alemáns piden ós de Becerreá colaborar nun programa de conflictos no medio escolar

Grit Kerezsi, coordinadora dun proxecto sobre tratamentos de residuos
"En Alemaña sustitúen as incineradoras de lixo"


Tomarán parte nas actividades medioambientais do instituto
Estudiantes alemáns viaxarán a Becerreá nun intercambio

Páxina Seguinte
xina anterior